Obradoiro sobre autocoidados para persoal do ámbito social e educativo

ceegO Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg)  organiza un obradoiro sobre autocoidados para persoal do ámbito social e educativo. “Esta formación innovadora, apuntan,  responde á necesidade, non sempre consciente, de reflexionar sobre as propias emocións e sensacións, e analizar como poden estar influíndo no desenvolvemento do traballo e nas relacións coas persoas coas que se traballa. En profesións como a de educación social, a/o profesional centra a atención permanentemente nas persoas coas que traballa, sen prestar a necesaria a si mesma/o. Isto sen dúbida ten repercusión non só no plano persoal senón tamén no profesional”.

O obradoiro titúlase “Escoitarme e coidarme. Traballando desde o bo trato e para o bo trato” e nel facilitaranse exercicios moi sinxelos aplicables á vida profesional e tamén á persoal, co obxectivo de transformar os aspectos negativos e reforzar os positivos.

A encargada de impartilo é Tareixa Ledo, socióloga, formadora en autocoñecemento e relacións humanas, e experta en coordinación de grupos en terapia de reencontro.

O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg) “pretende dar un paso máis nos servizos formativos ofertados ás/aos profesionais, ofrecendo formación non só de tipo técnico senón tamén de tipo vivencial, mantendo o obxectivo de mellorar a práctica profesional”.

O curso é o 24 de maio en Santiago de Compostela, e as persoas interesadas poden inscribirse ata o día 20 a través da web www.ceesg.org. Máis información no Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia. 981.552.206 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *