Coñecemos o sistema de protección de menores?

Agora que comezamos coas entrevistas ás partes implicadas no sistema de protección de menores (implicadas de xeito directo), non queriamos deixar fora unha serie de opinións que son, en grande medida, a razón do proxecto: a opinión pública.

Saimos á rúa co fin de preguntar de xeito aleatorio se a xente coñece o SPM: se saben que é o que fai a Xunta por estes rapaces e rapazas, e cómo creen que debería ser esta protección.

As conclusións que nós sacamos son que non existe coñecemento suficiente sobre o SPM, nin moito menos sobre o que a Xunta fai nestes casos. E en canto a qué medida é que a xente considera mellor, o modelo de permanecer nun entorno familiar é o que prima.

Non están todas as entrevistas no vídeo, nin están todas completas, pero queda claro que os centros de menores están moi mal vistos por parte dunha grande parte dos entrevistados.

Coa transcurso da investigación imos coñecendo (aínda que non descubrindo aos espectadores polo de agora) que nin teñen todos o mesmo modelo pedagóxico, nin de residencia, nin de xestión, nin son todos do mesmo tipo. E as diferenzas son xigantescas.

E por iso pensamos que a falta de coñecemento por parte da sociedade desta realidade é bastante perxudicial para os rapaces que por ela pasan. Pois fica na mente colectiva o mesmo concepto sobre o centro de menores que existía fai décadas.

Pero isto é algo que analizaremos en profundidade dentro de 3 anos.

 

Polo de agora, a principal conclusión que sacamos desta breve mostra é que existe coñecemento do SPM, pero cunha profunidade insuficiente para a normalización da situación destes menores.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *