Archivos de la categoría Actividades

Las actividades que llevamos a cabo dentro de nuestro proyecto de investigación.

El acogimiento familiar es un recurso esencial dentro del sistema de protección de menores

icono-cara-tapada-webEn el año 2012, la Subdirección Xeral de Familia e Menores dependiente de la Consellería de Traballo e Benestar de la Xunta de Galicia, publicó una Guía para profesionales de los servicios sociales donde la entonces Secretaría xeral de Política Social, Coro Piñeiro, en su introducción afirmaba ” A Declaración dos Dereitos do Neno recoñece que “o neno, pola súa falta de madurez física e mental, necesita protección e coidados especiais”.

Os Estados deben asegurarllos para acadar o seu benestar. Desgraciadamente en Galicia, como no resto dos países do mundo, hai menores que viven en condicións excepcionalmente difíciles. Grazas á  colaboración de moitas familias do seu contorno ou totalmente alleas a el,  poden crecer co apoio e seguridade necesarios, a través do acollemento  familiar. Doutro xeito, moitos deles probablemente pasarían os seus días nun centro, ás veces, ata a maioría de idade.

O acollemento familiar convértese así nun recurso esencial, aínda que descoñecido para moitas persoas. Acercalo cada vez máis á nosa poboación debe converterse nun obxectivo esencial no que traballamos día tras día. Non obstante, isto non sería posible sen a colaboración e cooperación  das e dos profesionais dos servizos sociais, compoñentes básicos do  noso sistema de protección e os máis próximos á poboación. É esencial, polo tanto, poñer no seu coñecemento en que consiste o acollemento  familiar e cales son os criterios técnicos que orientan as actuacións dos  Equipos Técnicos do Menor.

Só así poderán contribuír á súa difusión e  informar con claridade ás familias, tanto ás biolóxicas como ás  acolledoras. Grazas á implicación de todas as instancias lograremos ofrecer aos nosos nenos, nenas e adolescentes a protección que  merecen e garantir o cumprimento dos seus dereitos. Protexer a persoa menor de idade debe ser un obxectivo de todos e todas”.